marca pre a artesan instrumentos fotos contacto
   
fotocela

Patricia Cela, nacida en Vigo en 1975, iniciou o seu contacto coa música galega na banda de gaitas Semileiro, da man do mestre Xoán González (Airiños do parque de Castrelos), onde comezou os seus estudos de Gaita tradicional .

A súa formación continuou cara á percusión, recibindo diversos cursos de recoñecidos percusionistas tradicionais (Eliseo Parra, Polo, RinRin(Muxicas), Chuco…)

Posteriormente, iniciou os seus estudos na Universidade Popular de Vigo, especializándose en construcción de Gaitas, Palletas, Pitos e Requintas.

Coa formación recibida dos mestres Antón Corral, Carlos Corral Xaime Ribas, recibiou o título oficial de Artesá de Instrumentos tradicionais Galegos, emitido pola Xunta de Galíza (Nº3347).

Actualmente desenvolve a súa actividade no seu obradoiro de Santa Mª de Oia, do que xa saíron importantes encomendas para recoñecidos gaiteiros, así como diversos envios internacionais.

Continúa a súa participación en varios grupos de música como o cuarteto Caramuxo ou o grupo Na Virada.

 

   
todos os direitos reservados a Patricia Cela