Patricia Cela Obradoiro de Instrumentos Musicais pre a artesan instrumentos fotos contacto
   
Gaita Galega
Palhetas e Palhoes
Requintas
outros
Precios
encargar
 

A Gaita

A orixe deste instrumento remóntase aos pobos Celtas que fixeron destes lares a súa terra moito antes de Cristo. Neste ámbito é onde a gaita naceu e evolucionou até os nosos días, dándolle unha imaxe e un son singular.
As principais partes dunha gaita son o Punteiro, o Ronco, a Ronqueta e o Chión.


O Deseño

Neste apartado temos varios deseños para escoller o aspecto final do instrumento; puidéndose facer, consoante ao gusto, cun deseño clásico o máis moderno:

Barroco
Moxenas
Tino Grandío

 

A Madeira

Actualmente, ademáis das madeiras tradicionais coma o buxo, adoitase utilizar madeiras tropicais, que abren o abano de escolla para o cliente, segundo o son que busque no instrumento, puidendo optar entre Granadillo, Pao Violeta, Pao Rosa ou buxo...

O Fol

Éste é unha das partes máis características da Gaita galega, organográficamente falando.
O Fol garda o aire que entra polo soprete para repartilo nos distintos tubos sonoros (Punteiro, Chión, Ronqueta e Ronco).

Hoxe en día podemos falar dun tipo de fol para todas as gaitas, aínda que tamén se poden usar foles doutros materiais.

Principalmente Gore-Tex, Bannatyne.
Tamén poden ser de Cabrito, Becerro, Charol.


   
todos os direitos reservados a Patricia Cela